Saltar ao contido

Tunes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tunes
 Nome orixinal
   تونس (ar)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   تونس (ar)   Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Acontecementos importantes
238 a. C.Siege of Tunis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Historia
Localización
 Situado en
 Túnis (pt) Traducir, Tunisia Editar o valor en Wikidata
 Bañado por
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
602.560 (2022)
638.845 (2014)
693.486 (2002)
651.183 (2004) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   212.630.000 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   4 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal1000 Editar o valor en Wikidata
VIAF4838148574314224430001 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ftn8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Tunes[1][2] (en grafía árabe تونس ; en francés Tunis) é a principal cidade da Tunisia. Capital ininterrompida do país desde o 20 de setembro de 1159 (5 de ramadán de 554, consonte ao calendario musulmán), por decisión dos almohades, status que confirmou a dinastía dos Hafsidas en 1228. É así mesmo a capital da gobernación do mesmo nome, creada en 1956. O santo patrón, islámico, de Tunes é Sidi Mahrez que dá o seu nome a unha mesquita da cidade.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Segundo o historiador Paul Sebag, Tunes é a transcrición do nome en árabe تونس , pronunciado tunus, tunas, ou tunis no árabe de Tunisia. Os tres vocábulos aparecen na obra do xeógrafo sirio Yaqout al-Rumi Dicionario de países, do século XII. O último é o que predomina no nome da cidade, así como nos xentilícios tunisi ou tunusi («tunecino»).[3]

Este vocábulo podría proceder do verbo ens en bérbere, co significado de «estar deitado» ou «deitarse »e, por extensión, «ir pasar a noite a», «chegar para pasar a noite» ou «ir pasar a noite en». Entre os numerosos derivados deste termo están tinés, que indica «o feito de estar deitado» e, por extensión, «o feito de pasar a noite». Así, o nome de Tunes tería probabelmente o sentido de «campamento nocturno», «bivouac» ou «parada». Na toponimia antiga da África romana atópanse igualmente os nomes próximos das localidades de Tuniza (actual El Kala), Thunusuda (actual Sidi Meskine), Thinissut (actual Bir Bouregba), Thunisa (actual Ras Jebel) ou Cartennæ (actual Ténès en Alxeria).[3] Todas estas localidades bérberes sitúanse sobre vías romanas e teñen, sen dúbida, servido de etapas ou postas. Do nome de Tunes deriva Tunisia, que designa o país do que é capital, de forma análoga ao de Alxeria, creado a partir de Alxer. Estes topónimos empregáronse en primeiro lugar en francés e despois estendéronse ao resto de linguas europeas.

Outras teorías fan derivar o nome do termo bérber Tinast, que podería significar «chave da fertilidade», como descrición do territorio.[4] Tamén foi relacionada coa deusa púnica Tanit, dado que moitas cidades antigas recibían o seu nome por unha divindade.[5] E tamén se ten argumentado que provería de Tynes, vila mencionada por Diodoro Sículo e Polibio nas súas descricións dun lugar que podería ser o actual Al-Kasbah, a antiga vila bérber de Tunes.[6][7]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada ao norte do país, ao fondo do golfo de Tunes, do que a separa o lago de Tunes, a cidade sesténdese pola chaira litoral e polos outeiros próximos. Está poboada por 728.453 habitantes (2004), denominados tunesinos, pero enmárcase dentro dunha aglomeración metropolitana moito máis extensa (até 30 km, alcanzando os suburbios setentrionais de La Marsa), na que moran arredor de 2.300.000 de habitantes (2006), e comprende 4 gobernacións, que conforman o Gran Tunes, a saber: Tunes, Ben Arus, a Ariana e a Manuba.

A cidade ten un clima mediterráneo meridional, con 18 °C de temperatura media anual (que oscila entre os 11 °C de xaneiro e os 27 °C de agosto). Nun período de 30 anos de rexistros a máxima absoluta atinxiu 46 °Cº e a mínima -1 °C. A pluviosidade total anual é de 440 litros, sen precipitacións durante os meses de xullo e agosto, mentres que durante o outono e o inverno concentra o 78% das chuvias.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

A medina, ou cidade antiga, de Tunes foi declarada Patrimonio Mundial da UNESCO en 1979. A medina contén sobre 700 monumentos, incluíndo palacios, mesquitas, mausoleos, madrasas e fontes, que se remontan, en ocasión ao período almohade e a dinastía hafsida. Entre eses antigos edificios salientan:

  • A Gran Mezquita (que engloba a Universidade Islámica e a biblioteca)
  • A Mesquita Ez-Zitouna ("Mezquita da oliveira"), erguida en 723 por Ubaid Allah Ibn-al-Habhab para celebrar a nova capitalidade.
  • Dar-al-Bey, ou Palacio do Bey, que comprende construcións e obras de diferentes estilos e períodos, do que se coida que se levanta sobre os restos do teatro romano e do palacio do século X de Ziadib-Allah II al Aghlab.

Outros monumentos

[editar | editar a fonte]
  • O Museo do Bardo, contén coleccións provenientes do período romano-africano, así como da Grecia Antiga e dos diferentes períodos da historia de Tunisia. O edificio foi, en orixe, un palacio hafsida do século XIII.
  • Nas proximidades xacen as ruínas de Cartago, na costa nordeste.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tunesino.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
  3. 1 2 Sebag 1998, p. 54
  4. Elkbir 2015, p. 158.
  5. Room 2006, p. 385.
  6. Houtsma 1987, p. 838.
  7. Yardley 2006, p. 705.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Tunes
Morty Proxy This is a proxified and sanitized view of the page, visit original site.