Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Doha |
|---|
|
Nome orixinal الدوحة (ar) | |
Nome oficial الدوحة (ar) |
|
 | | (2014) |
|
|
|
|
|
Fundación / creación
1850 |
|
|
|
Historia
| |
Premios e distincións
|
|
|
|
Situado en
| |
Bañado por
| |
| |
Coordenadas
| |
Mapas
|
|
|
Poboación
1.186.023 (2020)1.312.947 (2012)587.055 217.294 (1986)299.300 (2001)
|
| |
Superficie 132.000.000 m² | |
Altitude 0 m | |
Fuso horario |
|
|
|
|
|
| Wikidata G:Commons C:Commons |
Doha[1] (en árabe: الدوحة, transl. ad-Dawḥa ou ad-Doha, literalmente "a árbore grande") é a capital de Qatar. Está situada sobre a costa do golfo Pérsico, levantada nunha baía de 7 km de longo. Administrativamente pertence á subdivisión de Ad-Dawhah. É a sede das instalacións da cadea de televisión Al Jazeera.
A cidade foi fundada en 1850 co nome de Al-Bida'a. En 1916 cesou o protectorado británico e a cidade pasou a estar rexida polas autoridade de Qatar. En decembro de 2006, Doha acolleu os Xogos asiáticos e foi candidata para os Xogos Olímpicos de verán de 2016.
Estimábase que Doha contaba cuns 400.000 habitantes en 2005. É a cidade meirande de Qatar, e concentra un 80% da poboación residente total.
Doha é o centro económico do país. Na cidade celébranse as conferencias ministeriais do Ciclo de Doha so a éxida da OMC. As industrias principais baséanse no gas, o petróleo e a pesca. O turismo é un sector económico en crecemento en Doha: no medio da baía está en construción un arquipélago artificial dedicado enteiramente ao turismo, bautizado como A Perla.
Doha posúe un aeroporto internacional, un porto, hoteis e variadas infraestruturas deportivas. No que respecta ás comunicacións terrestres a principal compañía de transporte é a sociedade Karwa, creada en 2005, que puxo en marcha liñas de autobuses e que xestiona os taxis.
Amán, Xordania (dende 1995)
Pequín, China (dende 2008)
Bosaso, Somalia (dende 1994)
Brasilia, Brasil
Houston, Texas
Manama, Bahrain
Marbella, España
Port Louis, Mauricio
Stratford-upon-Avon, Inglaterra
Tunes, Tunisia
Alxer, Alxeria
Tirana, Albania
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.