Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Biblioteca Nacional da República Checa |
|---|
Nome curto
NK ČR (cs) NL CR (en) NKČR (cs) NLCR (en)
| |
Nome orixinal Národní knihovna České republiky (cs) | |
Nome oficial Národní knihovna České republiky (cs) |
|
|
|
|
|
|
|
|
Fundación / creación
1622 |
|
|
|
|
Situado en
| |
Localización
| |
Sede
| |
Coordenadas
|
|
|
|
| Wikidata C:Commons |
A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař.[1] É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados. A biblioteca posúe tanto textos checos como material máis antigo procedente de Turquía, Irán e a India.[2] Tamén acolle libros para a Universidade Charles en Praga.[3]
No 2005 recibiu o Premio Jikji outorgado pola UNESCO a través do programa Memory of the World Programme, polo traballo realizado na dixitalización de textos antigos.[4][5] A biblioteca comezou este traballo no ano 1992, chegando a dixitalizar uns 1700 documentos nos seus primeiros 13 anos de execución.[2]