Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fedora Core»)
| Fedora |
|---|
|
|
|
| |
Epónimo
| |
Lista do elemento
|
|
|
|
Baseado en
| |
| |
Lingua
| |
| |
| |
Licenza
|
|
|
|
|
Fundación / creación
2002 | |
Data de publicación
6 de novembro de 2003 |
|
|
|
Parte da serie
| |
Precedido por
| |
|
|
|
|
| Wikidata C:Commons |
Fedora (previamente Fedora Core) é unha distribución GNU/Linux desenvolvida pola comunidade do proxecto Fedora[1][2] e promovida pola compañía estadounidense Red Hat[3]. O desenvolvemento de Fedora e as aplicacións que distribúe aséntanse nas licenzas libres. Pretende ser unha distribución á vangarda na introdución de novas versións e aplicacións e na innovación.[4][5]
Estímase que no 2016 Fedora tiña 1.2 millóns de usuarios,[6] entre os cales se atopa o creador do núcleo de Linux Linus Torvalds.[7][8]
Orixinalmente, Red Hat Linux foi desenvolto exclusivamente dentro de Red Hat, coa súa realimentación de informes de usuarios que recuperaban erros e contribucións aos paquetes de software incluídos e non contribucións á distribución como tal. Isto cambiou o 22 de setembro de 2003, cando Red Hat Linux derivouse dando orixe ao Proxecto Fedora, que está orientado á comunidade de usuarios e así mesmo, serve de base para que Red Hat Enterprise Linux se desenvolva con máis efectividade e adopte as novas características que se engaden no Proxecto Fedora. Os enxeñeiros de Red Hat continúan participando na construción e desenvolvemento de Fedora.[2][3]
No desenvolvemento de Fedora hai dúas fases de lanzamentos: Rawhide e Branched.[9] A primeira é unha unha versión de actualización continuas e a segunda son lanzamentos periódicos de Fedora.
Rawhide[10] é a póla de desenvolvemento de Fedora. Libérase como unha copia completa da distribución. Nela engádense e próbanse os novos cambios e engadidos antes de que sexan enviados ás versións estables. Rawhide adoita ter máis cambios, ou funcionalidades novas, que a versión estable da distribución. Pódese empregar como sistema operativo principal do día a día, mais esta versión continua está dirixida aos usuarios avanzados, ás probas ou a aqueles que manteñen paquetes de software. Rawhide adóitase actualizar día a día e a ser usada para resolver incidencias.[11] Ao ser unha versión con actualización continuas, ou "rolling release", non se precisa anovar a distribución senón ir actualizándoa continuamente.[12][13]
A fase de desenvolvemento Branched é unha fase previa ao lanzamento dunha nova versión. Unha copia de rawhide sepárase do desenvolvemento e comézase, chámaselle lanzamento e compróbase a súa estabilidade. Na fase de probas as versións de branches vanse denominando "alpha", "beta" a "GA (Final). Cando se corrixen os erros dese póla de branched, publícase como unha nova versión de Fedora. Así, a última versión, que saíu en xuño de 2017 despois de comprobar e estabilizar branched, é Fedora 26.
O soporte destas versións é curto. O ciclo de lanzamento de versións está en 6 meses e o soporte das versión de Fedora son de arredor de 13 meses, que son só unha versión entre as dúas.[14] Porén, é posible anovar Fedora á seguinte versión sen precisar dunha reinstalación.
| Versión (Nóme de desenvolvemento)[15] |
Lanzamento[15] |
Fin do soporte[16] |
Núcleo [17][18] |
GNOME[17] |
| 1 (Yarrow) |
05/11/2003 |
20/09/2004 |
2.4.22 |
2.4 |
| 2 (Tettnang) |
18/05/2004 |
11/04/2005 |
2.6.5 |
2.6 |
| 3 (Heidelberg) |
08/11/2004 |
16/01/2006 |
2.6.9 |
2.8 |
| 4 (Stentz) |
13/06/2005 |
07/08/2006 |
2.6.11 |
2.10 |
| 5 (Bordeaux) |
20/03/2006 |
02/07/2007 |
2.6.15 |
2.14 |
| 6 (Zod) |
24/10/2006 |
07/12/2007 |
2.6.18 |
2.16 |
| 7 (Moonshine) |
31/05/2007 |
13/06/2008 |
2.6.21 |
2.18 |
| 8 (Werewolf) |
08/11/2007 |
07/01/2009 |
2.6.23 |
2.20 |
| 9 (Sulphur) |
13/05/2008 |
10/07/2009 |
2.6.25 |
2.22 |
| 10 (Cambridge) |
25/11/2008 |
18/12/2009 |
2.6.27 |
2.24 |
| 11 (Leonidas) |
09/06/2009 |
25/06/2010 |
2.6.29 |
2.26 |
| 12 (Constantine) |
17/11/2009 |
02/11/2010 |
2.6.31 |
2.28 |
| 13 (Goddard) |
25/05/2010 |
24/06/2011 |
2.6.33 |
2.30 |
| 14 (Laughlin) |
02/11/2010 |
08/12/2011 |
2.6.35 |
2.32 |
| 15 (Lovelock) |
24/05/2011 |
26/06/2012 |
2.6.38 |
3.0 |
| 16 (Verne) |
08/11/2011 |
12/02/2013 |
3.1 |
3.2 |
| 17 (Beefy Miracle) |
29/05/2012 |
30/07/2013 |
3.3 |
3.4 |
| 18 (Spherical Cow) |
15/01/2013 |
14/01/2014 |
3.6 |
3.6 |
| 19 (Schrödinger's Cat) |
02/07/2013 |
06/01/2015 |
3.9 |
3.8 |
| 20 (Heisenbug) |
17/12/2013 |
23/06/2015 |
3.11 |
3.10 |
| 21 |
09/12/2014[19] |
01/12/2015 |
3.17 |
3.14 |
| 22 |
26/05/2015 |
19/07/2016 |
4.0 |
3.16 |
| 23 |
03/11/2015 |
20/12/2016 |
4.2 |
3.18 |
| 24 |
21/06/2016 |
08/07/2017 |
4.5 |
3.20 |
| 25 |
22/11/2016 |
|
4.8 |
3.22 |
| 26 |
27/06/2017[20] |
|
4.11 |
3.24 |
| 27 |
24/10/2017[21] |
|
|
|
| Cor |
Lenda |
| Vermello |
Versión antiga xa sen soporte técnico |
| Amarelo |
Versión antiga aínda con soporte técnico |
| Verde |
Versión actual |
| Azul |
Próxima versión |
As principais edicións de cada versión de Fedora son:
- Fedora Workstation: é a edición máis editara para ser estable e amigable ao uso en portátiles e computadores de sobremesa. Conta con GNOME como o escritorio predefinido.[22]
- Fedora Server: é o servidor de ciclo de uso curto mantido pola comunidade e cos últimos recursos liberados para a administración de servidores.[23]
- Fedora Atomic: é a edición con reducido consumo de recursos do sistema e pensada para o uso de aplicacións "contedores", ou plataformas de virtualización (como Kubernetes, clusters Origin ou Docker)
Ademais ten outras edicións máis específicas: Fedora Spins, Labs e ARM.
- Fedora Spins[24]: xa que GNOME é o escritorio predefinido de Fedora, libéranse as seguintes edicións dos demais escritorios alternativas xa configurados:
- KDE Plasma Desktop
- XFCE Desktop
- LXDE Desktop
- MATE-Compiz Dektop
- Cinnamon Desktop
- Sugar on a Stick (SOAS) Desktop
- Fedora Labs[25]: son as edicións para un uso específico, en edición completa de distribución ou como engadidos a unha instalación previa, en múltiples campos:
- Astronomy, para a astronomía
- Design Suite, para o deseño gráfico e multimedia
- Games, para xogos e lecer
- Jam, para a produción e reprodución musical
- Robotics Suite, para a aplicación en robótica
- Scientific, para o uso en investigación científica
- Security Lab, para a análise e corrección de erros en sistemas operativos
- Fedora ARM[26]: son versións pensadas nos microprocesadores de ARM:
- Servidores ARM de Fedora:
- Fedora Servers
- Fedora Minimal
- Fedora para escritorio: imaxes para centros multimedia ARM, quioscos, portátiles ou outros dispositivos nos que se precise unha interface gráfica.
- Fedora Workstation
- KDE Plasma, XFCE, LXDE, MATE-Compiz, Cinnamon, Sugar on a Stick