Zhejiang
| Zhejiang | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||||||
| ||||||||||
| ||||||||||
| ||||||||||
| ||||||||||
| ||||||||||
| ||||||||||
| ||||||||||
| ||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons |
Zhejiang é unha provincia costeira do leste da República Popular da China (en chinés mandarín 浙 江 省; pinyin: Zhèjiāng Shěng, en lingua wu, Tsehkaon). Na provincia fálanse principalmente variedades do grupo wu das linguas chinesas.
Do sur de Zhejiang, especialmente das zonas de Qingtian e Wenzhou, procede a maior parte dos inmigrantes chineses residentes no Estado español (aproximadamente un 70 % en Cataluña)[1] e boa parte dos que se asentaron en Portugal.[2][3][4][5]
A Universidade de Ciencia e Tecnoloxía é un dos centros educativos máis importantes de Zhejiang.
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Prehistoria da China.
Na prehistoria, Zhejiang foi un importante foco do Neolítico chinés, con culturas como a de Hemudu e, máis tarde, a de Liangzhu, asociadas ao cultivo temperán do arroz e ao desenvolvemento de formas complexas de organización social.

Historia
[editar | editar a fonte]Zhejiang foi durante séculos un dos grandes centros culturais e literarios da China, especialmente durante a dinastía Song do Sur, cando Hangzhou se converteu na capital imperial. Durante as dinastías Ming e Qing, a provincia continuou formando parte do núcleo cultural do baixo delta do Yangtsé (véxase tamén literatura da dinastía Qing)
Durante as dinastías Qin e Han, este territorio estivo baixo o control da China unificada aínda que a zona sur, habitada na súa maioría por membros da etnia Yue, mantivo as súas propias estruturas sociais e políticas.
Durante a dinastía Tang a provincia prosperou e a dinastía Ming fixou os límites actuais da provincia.[6][7]
Nesta provincia naceron o escritor Lu Xun e o militar Chiang Kai-shek.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Situada ao leste da China, limita co mar da China Oriental ao leste, con Fujian ao sur, con Jiangxi ao suroeste, con Anhui ao oeste, con Jiangsu ao norte e con Shanghái ao nordeste.[8] No norte, o río Yangtsé marca o límite da provincia.[9]
Boa parte da provincia está ao sur da baía de Hangzhou, onde se sitúa a súa capital provincial Hangzhou, e é en boa medida montañosa, aínda que o norte forma parte da chaira de inundación do delta do Yangtsé.[6]
A maior cidade por poboación é a capital Hangzhou, seguida por Ningbo e Wenzhou. A cidade máis extensa da provincia é Lishui.
Toponimia e hidronimia
[editar | editar a fonte]O nome Zhèjiāng / Tsehkaon provén dun dos nomes do río Qiantang, o seu principal río. Coñecido como Fuchun no interior e como Qiantang no esteiro de Hangzhou, historicamente era chamado Zhe Jiang, é dicir, "río tortuoso".[10]
Zhejiang estivo historicamente conectada co norte da China a través do Gran Canal da China, que enlazaba o Qiantang con outros grandes ríos chineses, entre eles o Río Amarelo (Huang He) mais este último non discorre polo actual territorio da provincia.[11]
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación de Zhejiang medrou con forza nas últimas décadas. No ano 2002 era de 46 millóns de habitantes, poucos anos despois aumentara até os 57 millóns de persoas, situándoa como a décima provincia chinesa e segundo o censo de 2020, Zhejiang tiña xa 64.567.588 habitantes, sendo unha das provincias máis densamente poboadas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Public service interpreting for Chinese immigrants in Catalonia: a study based on intepreters', coordinators' and users' views". www.tandfonline.com (en inglés). doi:10.1080/14708477.2014.934691. Consultado o 2026-04-04.
- ↑ Sáiz López, Amelia (2014). "Notes on the Chinese Presence in Spain". Inter-Asia Papers (en inglés) (38): 4–6. Consultado o 2026-03-25.
- ↑ Jin, Yangmin; Gómez-Pellón, Eloy (2023). "REDES DE PARENTESCO Y FAMILIAS DE LOS INMIGRANTES CHINOS EN ESPAÑA, ESTUDIO DE CASOS. Kinship networks and families of Chinese immigrants in Spain: Case studies" (PDF). OBETS. Revista de Ciencias Sociales (en castelán e inglés) 18 (1): 189–206. doi:10.14198/obets.22495. Consultado o 2026-03-25.
- ↑ Rodrigues, Irene (2018-04-10). "Migration and Social Aspirations: Chinese Cosmopolitanism in Wenzhou Region (China)". Urban Science (en inglés) 2 (2): 32. ISSN 2413-8851. doi:10.3390/urbansci2020032.
- ↑ "ZHEJIANG | Definition of ZHEJIANG by Oxford Dictionary on Lexico.com also meaning of ZHEJIANG". 2021-05-19. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2021. Consultado o 2023-04-28.
- 1 2 3 "Zhejiang". Britannica (en inglés). Consultado o 2026-03-25.
- ↑ "Zhejiang, China | Official site of Zhejiang province, China". Consultado o 2023-04-17.
- ↑ "Map of China". 2009-12-02. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2009. Consultado o 2023-04-17.
- ↑ "Geography". EZhejiang (en inglés). Consultado o 2026-03-25.
- ↑ "Overview". EZhejiang (en inglés). Consultado o 2026-03-25.
- ↑ "The Grand Canal". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2026-03-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zhejiang |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
