Montpellier
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
| Montpellier | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||||||||
| ||||||||||||
| ||||||||||||
| ||||||||||||
| ||||||||||||
| ||||||||||||
| ||||||||||||
| ||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons |
Montpellier (en occitano: Montpelhièr) é unha cidade francesa con máis de mil anos de historia e cunha arquitectura que mestura o antigo e o moderno. É a capital do departamento Hérault e da rexión francesa do Languedoc-Rosellón. O nome Montpellier provén de mont pelé, o monte pelado, en función da súa escasa vexetación.
O concello ten censados 257.351 habitantes (2010), ascendendo a 542.867 ao se incluír toda a rexión metropolitana que a circunda. É a oitava cidade máis poboada de Francia (poboación intra-muros), mentres que a rexión metropolitana sería a décimo quinta. É unha das poucas cidades francesas de máis de 100.000 habitantes que medrou sen interrupción nos últimos cincuenta anos.
Está situada nun importante eixo de comunicación: España cara ao oeste, Italia cara ao leste e o val do Ródano cara ao norte. Está moi próxima do Mediterráneo (13 km) e do importante porto de Sète (30 km). Outras cidades próximas de importancia son Marsella, Tolosa ou Barcelona.
Dous pequenos ríos atravesan Montpellier: o Lez no leste e o Mosson no oeste. Ademais un regacho (o Verdanson) cruza a cidade e vai desembocar no Lez no barrio da Pompignane. A paisaxe de Montpellier está marcada polo pico Saint-Loup (658 m), situado a uns 25 km ao norte da vila e visible dende numerosos puntos.
Educación
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montpellier |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en francés)
