Saltar ao contido

Jacques Hadamard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacques Hadamard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jacques Salomon Hadamard Editar o valor en Wikidata
8 de decembro de 1865 Editar o valor en Wikidata
Versalles Editar o valor en Wikidata
Morte17 de outubro de 1963 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
París Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, Div. 7 48°51′35″N 2°23′28″L / 48.859628, 2.391053 Editar o valor en Wikidata
Presidente Sociedade Matemática de Francia
1906 – 1907
 Émile BorelÉmile Blutel  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de París - doutor (–1892)
École Normale Supérieure (1885–1888)
Lycée Charlemagne (en) Traducir (–1876)
Liceo Louis-le-Grand (1876–1884) Editar o valor en Wikidata
Tese académicaEssai sur l'étude des fonctions données par leur développement de Taylor Editar o valor en Wikidata (1892 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseÉmile Picard e Jules Tannery Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcuación en derivadas parciais, teoría de números, matemáticas, mecánica, theoretical mechanics (en) Traducir, Función analítica e análise funcional Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, investigador, catedrático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Columbia, profesor visitante (1940–1944)
École Centrale Paris (1920–1933)
Escola Politécnica (1912–1940)
Universidade de París (1897–1912)
Collège de France, catedrático (1897–1937)
Universidade de Bordeos (1893–1897)
Lycée Buffon (en) Traducir (1890–1893)
Lycée Saint-Louis (1889–1890) Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosAnton Davidoglu Editar o valor en Wikidata
Participou en
1921Q105357310 Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoAndré Weil, Maurice René Fréchet, Paul Lévy, Szolem Mandelbrojt, Lucien Hibbert, Șerban Gheorghiu, Pierre Massé (pt) Traducir, Theodoros Varopoulos (en) Traducir, Vladimir Baranov, Georges Bouligand, Pierre Boutroux, Maurice Janet (pt) Traducir, Andrea Razmadze (pt) Traducir, Alexander Weinstein (pt) Traducir e Xinmou Wu Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAmédée Hadamard Editar o valor en Wikidata
ParentesLaurent Schwartz, sobriño neto
Auguste Hadamard, tío
David Hadamard, tío
Éphraïm Hadamard, avó paterno
Zélie Hadamard, curmá entregue Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Адамар Жак)
Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947)
Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.63) Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 133169 BNE: XX1201384 WikiTree: Hadamard-8 Find a Grave: 257906278 Editar o valor en Wikidata

Jacques Salomon Hadamard, nado en Versalles o 8 de decembro de 1865 e finado en París o 17 de outubro de 1963 foi un matemático francés que traballou nas universidades de Bordeos e na Sorbona de París. Tratou diversos temas de física matemática. Tamén colaborou no establecemento das bases da análise infinitesimal e desenvolveu o teorema sobre o valor absoluto dun determinante.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sucedeu en 1912 a Henri Poincaré na Academia de Ciencias de Francia. O seu logro máis coñecido foi a demostración que levou a cabo en 1896 (obtida de modo independente ese mesmo ano polo matemático belga Charles-Jean de la Vallée Poussin) do teorema dos números primos. Estableceu así mesmo a noción de problema ben exposto no terreo das ecuacións diferenciais. É tamén un dos matemáticos que máis contribuíron no desenvolvemento da análise infinitesimal e desenvolveu o teorema sobre o valor absoluto dun determinante.

Deu o seu nome ás matrices de Hadamard, ao teorema de Cauchy-Hadamard e utilízase en criptografía a pseudo-transformación de Hadamard.

No seu libro Psychology of Invention in the Mathematical Field, Hadamard emprega a introspección para describir o proceso mental matemático. Describe o seu propio pensamento matemático como sen palabras, acompañado a miúdo de imaxes mentais que condensan a idea global dunha proba, en franca oposición a autores que identifican a linguaxe e a cognición. Realizou unha enquisa entre cen dos físicos máis relevantes do momento (arredor de 1900), preguntándolles como realizaban o seu traballo. Moitas das respostas foron idénticas á súa; algúns informaron de que vían os conceptos matemáticos como cores. Einstein comentou sensacións nos seus antebrazos. Alan Kay, no seu "Alan Kay: Doing with Images Makes Symbols Pt 1 (1981)", traduciu isto a estadios de aprendizaxe de Piaget.[3]

Tralo caso Dreyfus, que o implicou persoalmente porque a súa prima segunda Lucie era a esposa de Dreyfus, Hadamard volveuse politicamente activo e un acérrimo defensor dos dereitos dos xudeus.[4] aínda que el mesmo se consideraba ateo.[5][6]

Entre os seus estudantes incluíronse Mauric Fréchet, Paul Lévy, Szolem Mandelbrojt e André Weil.

  • An Essay on the Psychology of Invention in the Mathematical Field. Princeton Univ. Press, 1945; nova edición co título The Mathematician’s Mind: The Psychology of Invention in the Mathematical Field. 1996; ISBN 0-691-02931-8
  • Œuvres de Jacques Hadamard. Vols. I, II, III, IV. Ed. du Centre National de la Recherche Scientifique, París, 1968.
  • Le problème de Cauchy et les équations aux dérivées partielles linéaires hyperboliques, Hermann 1932
  • La série de Taylor et son prolongement analytique, 2ª ed. Gauthier-Villars 1926
  • La théorie des équations aux dérivées partielles, Peking, Editions Scientifiques, 1964
  • Leçons sur le calcul des variations, vol. 1, París, Hermann 1910
  • Leçons sur la propagation des ondes et les équations de l’hydrodynamique, París, Hermann 1903
  • Non-Euclidean geometry in the theory of automorphic functions, Am. Mathematical Soc. 1999
  • Four lectures on Mathematics, delivered at Columbia University 1911, Columbia Univ. Press 1915 (1. The definition of solutions of linear partial differential equations by boundary conditions, 2. Contemporary researches in differential equations, integral equations and integro-differential equations, 3. Analysis Situs in connection with correspondendes and differential equations, 4. Elementary solutions of partial differential equations and Greens functions)
  • Leçons de géométrie élémentaire, 2 vols. París, Colin, 1898 e 1906
  • Cours d’analyse professé à l’École polytechnique, 2 vols. París, Hermann 1925/27, 1930
  • Essai sur l'étude des fonctions données par leur développement de Taylor. Étude sur les propriétés des fonctions entières et en particulier d'une fonction considérée par Riemann, 1893.
  • Sur la distribution des zéros de la fonction {\displaystyle \zeta (s)} et ses conséquences arithmétiques, Bull. de la Société Mathématique de France 24, 1896: 199-220 (proba do teorema do número primo).
  1. Biografía
  2. Mandelbrojt, Szolem; Schwartz, Laurent (1965). "Jacques Hadamard (1865–1963)". Bull. Amer. Math. Soc. 71 (1): 107–129. MR 0179049. doi:10.1090/s0002-9904-1965-11243-5.
  3. Alan Kay
  4. Hadamard, Jacques (1954). An essay on the psychology of invention in the mathematical field / by Jacques Hadamard. Nova York: Dover Publications. ISBN 0-486-20107-4.
  5. "Hadamard on Hermite". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
  6. Shaposhnikova, T. O. (1999). Jacques Hadamard: A Universal Mathematician. American Mathematical Soc. pp. 33–34. ISBN 978-0-8218-1923-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Jacques Hadamard
Morty Proxy This is a proxified and sanitized view of the page, visit original site.