Saltar ao contido

abrir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /aˈbɾiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

abrir

  1. Separar unha cousa móbil que tapa ou cobre unha abertura, de maneira que esta quede libre.
  2. Facer que algo non estea fixo, pechado ou tapado por algún mecanismo.
  3. Descubrir, destapar, levantar, extraer, mover ou separar a tapa, porta, cuberta ou outro elemento dunha cousa, de xeito que se poida acceder a ela.
    • Sinónimos: destapar, descubrir, despechar, desencubrir
    • Antónimos: tapar, cubrir, cerrar, pechar
    • Termos relacionados: acceso, tapa, porta, cuberta
    • Exemplo: Está abrindo o día.

    • Exemplo: Para picarmos co viño, vou abrir unhas latas de mexillóns en escabeche.

    • Exemplo: Antes de que cheguen os convidados, non esquezas abrir as camas.

    • Exemplo: Isto merece que abramos unhas botellas de reserva.

    • Exemplo: Rapaces, abride o libro pola páxina trinta.

  4. Estender as partes de algo.
  5. Producir ou producirse unha fenda ou un burato nalgunha cousa.
  6. Cortar, separar ou romper algo, de maneira que quede ao descuberto o seu interior.
  7. Facer que algo comece a súa actividade, por primeira vez ou despois dun tempo.
  8. Ir en primeira posición dun grupo no que participan varios.

Verbo intransitivo

abrir

  1. Comezar algo a súa actividade por primeira vez ou despois dun tempo.
  2. Facerse claro o día.
  3. Estenderse as partes de algo.
  4. (Botánica) Botar abrochos ou gromos unha planta.
  5. Formarse aberturas ou fendas nunha cousa.
  6. Sufrir dano un membro, unha articulación ou outra parte do corpo por mor dun golpe ou dun esforzo.


Verbo pronominal

abrirse

  1. Separarse unha cousa móbil que tapa unha abertura, quedando esta libre.
  2. Estenderse as partes de algo.
  3. Sufrir dano un membro, unha articulación ou outra parte do corpo por mor dun golpe ou dun esforzo.
  4. Quedar descuberta unha cousa ou parte dela, ao separarse ou quitarse o que a tapaba.

Expresións relacionadas

Traducións

Conxugación


Referencias


Castelán

Verbo

abrir

  1. Abrir.


Portugués

  • Pronuncia: /a'brix/ (Brasil) (AFI)

Verbo

abrir

  1. Abrir.
abrir
Morty Proxy This is a proxified and sanitized view of the page, visit original site.