Telemadrid SAT
| 9 Telemadrid SAT |
|
| Información xeral | |
|---|---|
| Nome Comercial | 9 Telemadrid SAT |
| Tipo | DVB-S |
| Programación | Xeneralista |
| Propietario | Ente Público RadioTelevisión Madrid |
| País | |
| Formato de imaxe | 4:3 |
| Localización | Ciudad de la Imagen, Madrid |
| Canles irmáns | 7 Telemadrid 8 La Otra 7 Telemadrid HD |
| Ligazóns | |
| |
9 Telemadrid o 9 Telemadrid SAT foi unha das canles do Ente Público RadioTelevisión Madrid (EPRTVM) que emite para toda a Europa, a través do satélite Astra. Esta canle ten como obxectivo achegar a televisión e cultura madrileña a todos os madrileños que viven fóra da Comunidade de Madrid, tanto en España como en Europa, así como ao resto de cidadáns destas zonas.
A súa programación baseábase principalmente en contidos de produción propia das canles do EPRTVM.
O 1 de xaneiro de 2013 e sen previo aviso por parte do ente público, a canle finalizou as súas emisións tanto do satélite como do resto de operadores onde estaba dispoñible. Actualmente emite a nivel nacional de España a través de Movistar Plus+ rebautizada como 9 Telemadrid INT (Canal xeneralista para o exterior da Comunidade de Madrid e o estranxeiro).