Saltar ao contido

Skorpios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skorpios
 Nome orixinal
    Σκορπιός (el)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2 (2001) resident population of Greece (en) Traducir
1 (2011) censo
3 (2021, 1991) resident population of Greece (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   1,24 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   1,72 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   0,878 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
81 m
25 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap812772 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02yfh2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Skorpios (grego: Σκορπιός) é unha illa privada no mar Xónico, preto da costa occidental de Grecia, apenas ao leste da illa de Leucas. Segundo o censo de 2001 tiña unha poboación de dous habitantes. Administrativamente pertence á municipalidade de Meganisi na prefectura de Leucas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa está cuberta de bosques de sur a norte e ten máis de 200 variedades de árbores importadas á illa, unha vez case estéril, por Aristóteles Onassis. Hai algunhas praias areosas, especialmente East Beach, que foi creada por Onassis, que trouxo area da illa de Salamina para este fin. Tamén hai unha pequena praia de area onde está a casa de Myconos, anteriormente coñecida como a "Casa do porco". Alí era onde Jackie Onassis foi fotografado espida por un paparazzi grego.

É principalmente coñecida por ser a illa do último armador grego multimillonario, Aristóteles Onassis. Foi o lugar da súa voda coa exPrimeira Dama dos Estados Unidos Jacqueline Kennedy o 20 de outubro de 1968. Á súa morte pasou á súa filla Christina, e logo á súa vez á súa filla Athina Roussel. Onassis, o seu fillo Alexander, e a súa filla Christina están enterrados na illa.

Athina visitou a illa dúas veces despois da morte da súa nai, unha vez cando tiña oito anos e logo o 18 e 19 de novembro de 1998 co seu pai Thierry Roussel e o seu asesor de prensa e portavoz Alexis Mantheakis a fin de celebrar un servizo conmemorativo no décimo aniversario da morte da nai de Athina, Christina Onassis. Informes da televisión grega e publicados en todo o mundo din que a illa vendeuse a Giorgio Armani por 150 millóns de euros en setembro de 2010 foron denegados, segundo a axencia ANSAmed.[1]

  1. "GREECE: ARMANI DENIES BUYING SKORPIOS ISLAND". ANSAmed. 2009-09-07. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2011. Consultado o 2010-09-14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Skorpios
Morty Proxy This is a proxified and sanitized view of the page, visit original site.