Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Quibdó |
|---|
|
|
|
|
|
Fundación / creación
1648 |
|
|
|
Situado en
| |
Bañado por
| |
| |
OpenStreetMap
| |
Coordenadas
|
|
|
|
Poboación 130.825 (2020) |
| |
Superficie 3.337,5 km² | |
Altitude 43 m |
|
|
|
|
|
| Wikidata C:Commons |
Quibdó é un municipio colombiano, capital do departamento do Chocó e unha das poboacións máis importantes na Rexión do Pacífico Colombiano.
A cidade atópase nunha das rexións máis biodiversas de Colombia, preto de grandes reservas ecolóxicas como o parque nacional natural emberá. Tamén é unha das rexións con maior número de reservas indíxenas.
Quibdó atópase sobre a marxe dereita do río Atrato, un dos principais afluentes do país e unha das zonas con máis alta pluviosidade do mundo. Atópase a unha altitude de 43 m s. n. m. e ten unha temperatura cuxo media é de 28 °C. Dista de Bogotá 718 km.
A cidade de Quibdó constitúe o único centro departamental localizado entre a cordilleira e o litoral. Polas súas características, é o punto medio de enlace natural que existe entre os dous litorais colombianos, a través dos ríos Atrato e San Juan.
As relacións de centralidade converxen sobre a zona do istmo San Pablo, especificamente entre Quibdó e Istmina, e explícanse polas relacións de comunicación fluvial que existe entre os dous grandes ríos: Atrato e San Juan.
O nome Quibdó provén da súa posición á fronte da desembocadura do río Quito e "dó", termo da lingua chamí que quere dicir río.
Concellos do Departamento de Chocó |
|---|
|