Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| ITunes |
|---|
|
|
|
|
Xénero artístico
| |
Formato de distribución
| |
Lingua
| |
Linguaxe de programación
| |
Sistema operativo
| |
Licenza
|
|
|
|
Usado por
| |
Desenvolvedor/a
| |
Distribuidor/a
|
|
|
|
Fundación / creación
9 de xaneiro de 2001 | |
Data de publicación
9 de xaneiro de 2001 |
|
|
|
|
| Wikidata C:Commons |
iTunes é un reprodutor de medios e unha tenda de contidos multimediais desenvolvido por Apple Inc. É usado para reproducir, descargar e organizar son e vídeo dixital en ordenadores co sistema operativo macOS e os dispositivos baseados en iOS iPod, iPhone e iPad (iPadOS), con edicións tamén para Microsoft Windows.
A través da iTunes Store, os usuarios poden mercar e descargar música, vídeos musicais, programas de televisión, xogos para o iPod, audiolibros, podcasts, películas (tamén alugalas nalgúns países) e tons para os móbiles. A aplicación para iPhone, iPad e iPod Touch pode ser descargada dende a App Store. iTunes ten sido criticado por non ser capaz de transferir música dun dispositivo portátil a outro.
iTunes 12.7 é a versión máis recente de iTunes, dispoñible para Mac OS X Snow Leopard ou posterior, ademais de para Windows XP ou posterior. Foi lanzada o 6 de decembro de 2017.