Grupo linear xeral
| Grupo linear xeral | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||||
|
Fórmula
| ||||||||
|
Contén partes da clase
| ||||||||
| ||||||||
| ||||||||
| Wikidata |
En matemáticas, o grupo linear xeral (ou grupo lineal xeral) de grao é o conxunto de matrices cadradas invertibles
, xunto coa operación de produto de matrices. [1] Isto forma un grupo, porque o produto de dúas matrices invertibles é outra vez invertible, e a inversa dunha matriz invertible é invertible, coa matriz identidade como o elemento de identidade do grupo. O grupo é chamado así porque as columnas (e tamén as filas) dunha matriz invertible son linearmente independentes, por iso os vectores/puntos que definen están en posición xeral, e as matrices no grupo lineal xeral levan puntos en posición linear xeral a puntos en posición linear xeral.
Para ser máis preciso, é necesario especificar que clase de obxectos poden aparecer nas entradas da matriz. Por exemplo, o grupo lineal xeral sobre (o conxunto de números reais) é o grupo de matrices invertibles de números reais, e é denotado por ou
Máis xeralmente, o grupo lineal xeral de grao sobre calquera corpo (como os números complexos), ou un anel (como o anel dos enteiros), é o conxunto de matrices invertibles
con entradas desde
(ou
), outra vez coa multiplicación de matrices como operación do grupo. Unha notación típica é
ou
ou sinxelamente
cando se sobreentende o corpo.
Máis xeralmente aínda, o grupo linear xeral dun espazo vectorial
é o seu grupo de automorfismos, non necesariamente escritos como matrices.
O grupo linear especial, denotado como ou
é o subgrupo de
formado polas matrices con determinante igual a 1.
O grupo e os seus subgrupos adoitan chamarse grupos lineares ou grupos matriciais (o grupo de automorfismos
é un grupo linear, pero non un grupo matricial). Estes grupos son importantes na teoría de representacións de grupos, e tamén aparecen no estudo das simetrías espaciais e das simetrías dos espazos vectoriais en xeral, así como no estudo dos polinomios. O grupo modular
pode realizarse como un cociente do grupo linear especial
.
Se , entón o grupo
non é abeliano.
Grupo lineal xeral dun espazo vectorial
[editar | editar a fonte]Se é un espazo vectorial sobre o corpo
, o grupo lineal xeral de
, escrito
ou
, é o grupo de todos os automorfismos de
, é dicir, o conxunto de todas as transformacións lineais bixectivas
, xunto coa composición de aplicacións como operación de grupo.
Se ten dimensión finita
, entón
e
son isomorfos. O isomorfismo non é canónico; depende da escolla dunha base en
. Dada unha base
de
e un automorfismo
en
, temos para cada vector base ei que
para certas constantes en
; a matriz correspondente a
é entón simplemente a matriz cos elementos dados polos
.
De xeito semellante, para un anel conmutativo o grupo
pode interpretarse como o grupo de automorfismos dun
-módulo libre
de rango
. Tamén se pode definir GL(M) para calquera
-módulo, pero en xeral isto non é isomorfo a
(para ningún
).
En termos de determinantes
[editar | editar a fonte]Sobre un corpo , unha matriz é invertible se e só se o seu determinante é distinto de cero. Polo tanto, unha definición alternativa de
é como o grupo das matrices con determinante non nulo.
Sobre un anel conmutativo , cómpre ter máis coidado: unha matriz sobre
é invertible se e só se o seu determinante é unha unidade en
, é dicir, se o seu determinante é invertible en
. Polo tanto,
pode definirse como o grupo das matrices cuxos determinantes son unidades.
Sobre un anel non conmutativo , os determinantes non teñen un bo comportamento. Neste caso,
pode definirse como o grupo de unidades do anel de matrices
.
Historia
[editar | editar a fonte]O grupo lineal xeral sobre un corpo primo, , foi construído e a súa orde calculada por Évariste Galois en 1832, na súa última carta (a Chevalier) e no segundo dos (tres) manuscritos anexos, que empregou no contexto do estudo do grupo de Galois da ecuación xeral de orde
.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cameron, Peter J. (2006). "Matrix Groups". En Leslie Hogben. Handbook of Linear Algebra (en inglés) (1ª ed.). Chapman and Hall/CRC. ISBN 978-0-429-13849-2. doi:10.1201/9781420010572.
- ↑ Galois, Évariste (1846). "Lettre de Galois à M. Auguste Chevalier". Journal de Mathématiques Pures et Appliquées XI: 408–415. Arquivado dende o orixinal o 2021-04-26. Consultado o 2009-02-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Grupo lineal xeral". Encyclopedia of Mathematics. EMS Press. 2001 [1994].