Saltar ao contido

Eris (planeta anano)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eris
 Epónimo
 Parte de
 Designación provisional
2003 UB313 Editar o valor en Wikidata
 Época
 Astro pai
 Astro fillo
 Grupo menor
Características orbitais
Apoapse97,468 au Editar o valor en Wikidata
Periastro38,013 au Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro151,6871 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,43883 e 0,43465546719259 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital44,1444 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital557,55 a Editar o valor en Wikidata
Período de rotación25,9 h Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior67,74 au Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente35,9045 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media205,384 ° Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro2.326 km Editar o valor en Wikidata
Radio1.163 km Editar o valor en Wikidata
Masa16,6 Yg Editar o valor en Wikidata
Densidade2,43 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial0,82 m/s² Editar o valor en Wikidata
Superficie17.000.000 km² Editar o valor en Wikidata
Albedo0,96 Editar o valor en Wikidata
Temperatura30 K, 42,5 K e 55 K Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente18,7 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta−1,1 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Datas e cronoloxía
 Acontecementos
 Data descuberta
21 de outubro de 2003 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Localización
 Localización descubrimento
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gb731 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Eris (símbolo: ⯰)[1] é o planeta anano máis masivo (por diante de Plutón), e o segundo de maior tamaño (un pouco menor que Plutón) do noso sistema solar.[2] Foi descuberto por Michael E. Brown, Chad Trujillo e David Rabinowitz o 8 de xaneiro de 2005 a partir dunhas imaxes tomadas o 21 de outubro de 2003. Ten un único satélite natural ó que se lle deu o nome de Disnomia.[3]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Durante algo máis dun ano este corpo celeste foi considerado como o décimo planeta do sistema solar polos seus descubridores, pero actualmente, segundo as estimacións da Unión Astronómica Internacional (UAI) na súa sesión do 24 de agosto de 2006, é considerado un planeta anano (xunto a Plutón e Ceres), unha nova categoría creada na devandita sesión.

Antes de que o 13 de setembro de 2006 se lle outorgase o seu nomeamento definitivo era coñecido co nome provisional de 2003 UB313.

Eris presenta un período orbital duns 560 anos (tarda 560 anos en completar o seu movemento de translación) e arestora[cando?] atópase á máxima distancia posible do Sol (afelio), a unhas 97 unidades astronómicas (UA) da Terra (14.400 millóns de quilómetros). Do mesmo xeito que Plutón, a súa órbita é moi excéntrica (chega a unhas 35 UA do Sol durante o perihelio) e ó contrario dos planetas telúricos e dos xigantes gasosos, a órbita de Eris está inclinada uns 44° respecto á eclíptica.

É un dos corpos do sistema solar máis brillante e a responsable de que non se tiveran datos sobre a súa existencia ata hai ben pouco é a inclinación da súa órbita, pois normalmente a maioría das buscas concéntranse no plano da eclíptica, onde se agrupa a maioría da materia do sistema solar.

Tamaño e masa

[editar | editar a fonte]

Segundo observacións do telescopio Hubble e do Observatorio Keck, o diámetro de Eris sería de 2.398 km (±96 km), o que indicaría un tamaño case igual que o de Plutón. Porén, de acordo con observacións e medicións máis recentes e fiables, ten un tamaño un pouco menor: Plutón ten un diámetro de aproximadamente 2.377 km, mentres que Eris ten un diámetro estimado en ao redor de 2.326 km.[4]

A masa de Eris é de 1,66x1022 kg polo que é un pouco máis masivo e máis denso que Plutón.[4]

Satélite

[editar | editar a fonte]

Disnomia é o único satélite de Eris.

Preséntase no espazo como un punto 60 veces menos luminoso que Eris polo que, se asumimos que os dous corpos presentan o mesmo albedo, o diámetro de Disnomia pode ser duns 350 km, oito veces máis pequeno que Eris.

O seu período orbital é de 14 días.

Comparación do tamaño de Eris e Disnomia co resto dos corpos do Cinto de Kuiper e coa Terra.

Notas

  1. JPL/NASA (2015-04-22). "What is a Dwarf Planet?". Jet Propulsion Laboratory. Consultado o 2022-01-19.
  2. Astrosigma. "Eris, el planeta enano más masivo". Astrosigma (en castelán). Consultado o 2024-07-04.
  3. "The discovery of X"2003 UB313"X Eris, the X"10th planet"X largest known dwarf planet". web.gps.caltech.edu ; planetlila.
  4. 1 2 "Eris - NASA Science". science.nasa.gov (en inglés). Consultado o 2024-07-04.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Eris (planeta anano)
Morty Proxy This is a proxified and sanitized view of the page, visit original site.