Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Buñol |
|---|
|
Nome orixinal Buñol (es) | |
Nome oficial Buñol (es) |
Xentilicio
bunyolenca (ca) bunyolenc (ca)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Acontecementos importantes
|
|
|
|
Situado en
| |
Continente
| |
| |
OpenStreetMap
| |
Coordenadas
|
|
|
|
| |
Poboación feminina 4.715 (2019) | |
Poboación masculina 4.693 (2019) |
| |
Superficie 112,4 km² | |
Altitude 441 m |
|
|
|
|
|
| Wikidata G:Commons C:Commons |
Buñol (en valenciano: Bunyol) é un concello da provincia de Valencia, no País Valenciano. Pertence á comarca da Foia de Bunyol. Tiña unha poboación de 9.596 habitantes en 2017.
Aínda que xa existían poboados na zona durante o Paleolítico, o núcleo urbano data da época musulmá e xurdiu arredor do castelo. Buñol e a súa comarca incorporouse ao Reino de Valencia a mediados do século XIII durante a conquista de Valencia. A expulsión dos musulmáns (1609) supuxo un grave quebranto demográfico e económico. A chegada do ferrocarril en 1887 fortaleceu a industria papeleira, que no último terzo do XIX chegaba a doce fábricas. A industrialización seguiu sendo forte en Buñol; na década de 1970 do século XX, o sector primario apenas supoñía un 5% da poboación activa, fronte ao 75% da industria. Actualmente, esa porcentaxe diminuíu pero continúa a ser forte a industria no concello.
Entre o seu patrimonio destacan o castelo, a igrexa de San Pedro, a ermida de San Luis Beltrán e varias vendas do século XVII en adiante. O evento máis coñecido é a tomatina, festa declarada de interese turístico internacional en 2002. Celébranse tamén varios actos musicais e, como en moitas outras localidades valencianas, fallas.