| Airbus Helicopters |
|---|
|
Nome curto Airbus (en) | |
Nome oficial AIRBUS HELICOPTERS (fr) |
|
|
|
|
|
Forma xurídica
| |
Industria
| |
Produto ou servizo
|
|
|
|
Fundador/a
| |
Matriz
| |
| |
| |
Entidades subsidiarias
|
|
|
|
Fundación / creación
1 de xaneiro de 1992 15 de novembro de 1989 |
|
|
Cadro de persoal
22.899 (2020)20.161 (2017)22.507 (2016)22.520 (2015)19.745 (2018)20.024 (2019)
|
|
|
|
|
|
|
| Wikidata C:Commons |
Airbus Helicopters SAS (anteriormente Eurocopter Group) é a división de fabricación de helicópteros de Airbus. É a compañía máis grande da industria en termos ingresos e helicópteros de turbina entregados. A súa sede atópase no aeroporto de Marsella Provenza, en Marignane, Francia, preto de Marsella. As súas principais instalacións atópanse en Marignane e en Donauwörth, Alemaña, con plantas de produción adicionais no Brasil (Helibras), Australia, España e os Estados Unidos. A compañía foi renomeada Airbus Helicopters o 2 de xaneiro de 2014.[1]
Airbus Helicopters formouse en 1992 como Eurocopter Group a través da fusión das divisións de helicópteros de Aérospatiale e DASA. A herdanza da compañía remóntase a Louis Blériot e Lioré et Olivier en Francia e a Messerschmitt e Focke-Wulf en Alemaña.[2]
Airbus Helicopters e as compañías predecesoras estableceran unha gran cantidade de fitos na industria dos helicópteos, como o primeiro helicóptero de produción cun turboeixo (o Aérospatiale Alouette II de 1955); a introdución do rotor de cola Fenestron (no Gazelle de 1968); o primeiro helicóptero certificado para voos completos en condicións de xeo (o AS332 Super Puma en 1984); o primeiro helicóptero de produción cun sistema de control fly-by-wire (o NHIndustries NH90); o primeiro helicóptero en usar un control primario fly-by-light (un banco de probas EC135 en 2003); e a primeira aterraxe dun helicóptero no Everest (conseguido por un AS350 B3 en 2005).[3]
Como consecuencia da fusión dos anteriores participantes de Airbus Helicopters en 2000, a firma no presente é unha filial propiedade na súa totalidade de Airbus. A creación do que entón foi chamado EADS en 2000 tamén incorporaba á española CASA, que tamén tiña unha historia relacionada cos helicópteros que se remontaba aos tempos de Talleres Loring, e incluía a montaxe local do Bo105.
No presente Airbus Helicopters ten catro fábricas principais en Europa (Marignane e La Courneuve en Francia, e Donauwörth e Kassel en Alemaña), e outras 32 de filiais e participantes en todo o mundo, como as de Brisbane en Australia, Albacete en España e Grand Prairie nos Estados Unidos.[4]
Dende aproximadamente 2006 Eurocopter estivo involucrado no proxecto do proposto Futuro Helicóptero de Transporte Paneuropeo.[5]
En 2014 había máis de 12 000 aparellos de Airbus Helicopters en servizo con máis de 3 000 clientes de 150 países.[6]
No ano 2019 Airbus Helicopters obtivo 369 pedidos de 161 clientes en 51 países e entregou 332 aparellos, conseguindo o 54% do mercado de halicópteros en todo o mundo.[7]