1973
Aparencia
| 1973 | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Calendario gregoriano | 1973 MCMLXXIII | |||||||||||
| Ab urbe condita | 2726 | |||||||||||
| Calendario armenio | 1422 | |||||||||||
| Calendario chinés | 4669 – 4670 | |||||||||||
| Calendario hebreo | 5733 – 5734 | |||||||||||
| Calendario hindú | ||||||||||||
| · Vikram Samvat | 2028 – 2029 | |||||||||||
| · Shaka Samvat | 1895 – 1896 | |||||||||||
| · Kali Yuga | 5074 – 5075 | |||||||||||
| Calendario persa | 1351 – 1352 | |||||||||||
| Calendario musulmán | 1393 – 1394 | |||||||||||
| Calendario rúnico | 2223 | |||||||||||
|
1973 (MCMLXXIII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano. Foi designado como o Ano do Búfalo, segundo o horóscopo chinés dos anos 1970.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro, nace a Europa dos nove ó unirse á CEE o Reino Unido, Irlanda e Dinamarca.
- 6 de xaneiro, fundación do semanario Expresso en Portugal.
- 8 de xaneiro, no México, o canal Televisa inaugura o seu sinal.
- 20 de xaneiro, Richard Nixon toma posesión do seu segundo mandato como presidente dos Estados Unidos.
- 27 de xaneiro, sinatura do Acordo de París para o fin da guerra e restauración da paz no Vietnam.
- 26 de febreiro, fin da primeira fase do programa Chespirito e comezo dos seriados El Chavo del Ocho e El Chapulín Colorado.
- 6 de marzo, lanzamento de Pioneer 11 cara Xúpiter, Saturno e o espazo interestelar.
- 29 de marzo, Tekin Ariburun tórnase presidente interino da Turquía, en substitución de Cevdet Sunay.
- 3 de abril, realízase a primeira ligazón do primeiro teléfono móbil, o modelo DynaTAC, polo enxeñeiro da Motorola Martin Cooper, inventor do aparello
- 4 de abril, inaugúranse as Torres Xemelgas do World Trade Center de Nova York.
- 6 de abril, Fahri Koruturk substituéTekin Ariburun no cargo de presidente da Turquía.
- 19 de abril, o Partido Socialista portugués é fundado na cidade alemá de Bad Münstereifel.
- 20 de maio, a Fronte Polisario efectúa a súa primeira acción armada contra un destacamento militar español de Janguet Quesat.
- 25 de maio, Héctor José Cámpora substitúe Alejandro A. Lanusse como presidente da Arxentina.
- 9 de xuño, Luis Carrero Blanco substitúe Francisco Franco como presidente do goberno de España.
- 10 de xullo, As Bahamas tórnanse independentes.
- 13 de xullo, Raúl Alberto Lastiri substitúe Héctor José Cámpora como presidente da Arxentina.
- 17 de xullo, o rei Mohammed Zahir Shah do Afganistán é deposto polo seu primo, Mohammed Daoud Khan.
- 28 de xullo, lanzamento da Skylab III (segunda misión tripulada do programa Skylab).
- 10 de agosto, aparece en Vigo o semanario El Pope.
- 11 de setembro, golpe militar liderado polo xeneral Augusto Pinochet depón o presidente Salvador Allende no Chile.
- 23 de setembro, Juan Domingo Perón é elixido presidente da Arxentina pola terceira vez con 61% dos votos.
- 24 de setembro, A Guiné Portuguesa declara a independencia. Portugal non a recoñece.
- 12 de outubro, Juan Domingo Perón substitúe a Raúl Alberto Lastiri como presidente da Arxentina.
- 20 de outubro, Inauguración do Palacio da Ópera de Sydney.
- No mes de outubro comezou a crise do petróleo de 1973.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Stacey McKenzie, modelo e actriz xamaicana nacionalizada canadense.
- 4 de xaneiro - Zhou Wei Hui, escritora chinesa.
- 10 de xaneiro - Iker Jiménez, xornalista vasco.
- 10 de marzo - Eva Herzigova, modelo checa.
- 9 de xuño - Laura Ponte Martínez, modelo galega.
- 11 de xuño - Carlos González Sháněl, xornalista chileno.
- 28 de agosto - J. August Richards, actor estadounidense.
- 11 de setembro - Nafissatou Dia Diouf, escritora senegalesa.
- 24 de setembro - Eddie George, xogador de fútbol americano.
- 31 de outubro - Beverly Lynne, actriz estadounidense.
- 6 de novembro - Gaelen Foley, escritora estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 22 de xaneiro — Lyndon B. Johnson, presidente dos Estados Unidos de 1963 a 1969 (n. 1908).
- 22 de febreiro - Edmundo Lorenzo Santiago, político socialista galego (n. 1893).
- 6 de marzo - Pearl Buck, escritora estadounidense (Premio Nobel de Literatura en 1938).
- 16 de marzo - Francisco Cabo Pastor, médico e escritor galego (n. 1872).
- 26 de marzo — Noël Coward, actor, dramaturgo e compositor británico (n. 1899).
- 8 de abril - Pablo Picasso, pintor español.
- 11 de xuño - Fermín Bouza-Brey, escritor galego.
- 10 de xullo - Karl Loewenstein, filósofo alemán.
- 20 de xullo - Bruce Lee, artista marcial e actor estadounidense.
- 6 de agosto — Fulgencio Batista, presidente de Cuba de 1940 a 1944 e de 1952 a 1959 (n. 1901).
- 31 de agosto - John Ford, cineasta estadounidense.
- 2 de setembro - J. R. R. Tolkien, filólogo e escritor británico.
- 11 de setembro - Salvador Allende, médico e político chileno (presidente de Chile 1970-1973).
- 16 de setembro - Víctor Jara, cantautor chileno.
- 23 de setembro - Pablo Neruda poeta chileno (Premio Nobel de Literatura en 1971).
- 26 de setembro - Anna Magnani, actriz italiana.
- 29 de setembro - W. H. Auden, poeta británico.
- 5 de outubro — Milunka Savić, heroína de guerra da Serbia, a muller máis condecorada da historia militar (n. 1890).
- 9 de outubro - Indalecio Tizón Reboreda, aparellador e agrarista galego (n. 1893).
- 10 de outubro - Ludwig von Mises, economista e filósofo austrohúngaro.
- 17 de outubro - Ingeborg Bachmann, escritora austríaca.
- 22 de outubro - Pau Casals, violonchelista español.
- 28 de outubro - Taha Hussein, renovador da literatura árabe (n. 1889).
- 2 de novembro - Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, arquitecto e compositor musical galego.
- 10 de novembro - David Akeman, músico estadounidense.
- 19 de decembro - José Fondevila García, sindicalista e político galego (n. 1884).
- 20 de decembro - Luis Carrero Blanco, militar e político español (presidente do Consello de Ministros, 1973).
- 23 de decembro - Urbano Lugrís, pintor (n. 1908).
- 25 de decembro - İsmet İnönü, presidente de Turquía.
Día das Letras Galegas dedicado a:
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1973 |